español galego
english

arquitectura do viño viñedo nosos viños equipo venda online presentación localización contacto

      INICIO
           

              
o viñedo e paisaxe do viño      
O VIÑEDO: PAISAXE DO VIÑO
O obxecto de Ronsel do Sil é a elaboración de viños de alta calidade dentro da D.O. Ribeira Sacra. Para tal fin, cultiva dúas hectáreas de viñedo, parte propio e parte arrendado a viticultores da zona. A totalidade da superficie vendímase á man nos escarpados socalcos característicos da Ribeira Sacra.

As Variedades cultivadas son Mencía e Merenzao de uvas tintas; e Godello, Treixadura, Dona Branca de uvas brancas.

Destinadas a elaborar viños novos, algúns deles con crianzas moi breves realizadas en barricas de carballo francés e americano.

Recentemente acábase de plantar un xardín de variedades autóctonas galegas, localizado ao pé da bodega á beira do río Sil.